Traballos Agrícolas 1/3 - Introdución
Para ler o artigo completo, clicar en "Seguir Leyendo" que figura a continuación.
Como xa dixen na presentación do blogue, deixei a miña aldea con 9 anos, unha idade moi temperá que me impediu vivir outras moitas experiencias que enriquecesen considerablemente o meu relato. Non vivín no pobo a adolescencia nin a mocidade, que é cando se establecen unhas sólidas relacións de amizade e convivencia social. Tampouco participei das relacións de veciñanza que se producen nos múltiples traballos colectivos entre veciños, como son a seitura, a vendima, ou as festas patronais vividas con ilusión e alegría. Tampouco coñezo as historias e evolución das distintas familias da parroquia. Feita a anterior aclaración, que é unha limitación importante, no meu ánimo está achegar nestes relatos aquilo que quedou na miña memoria, nun intento de evitar o seu esquecemento definitivo. A miña pretensión é que estas reflexións sirvan de apoio, a modo de recordatorio e agarradoira do pasado, especialmente para min mesmo, e complementariamente, a quen como eu abandonaron o seu pobo a unha idade temperá e sintan curiosidade por lembrar como eran as cousas entón. Esta curiosidade puidese eventualmente ser compartida polos seus fillos ou netos, que xa non tiveron oportunidade de coñecer esta realidade, e para os cales puidese representar este relato un apoio para contarlles como transcorreu ese tempo que considero un punto de inflexión esencial no desenvolvemento da nosa sociedade actual. Un tempo que, aínda que relativamente próximo, parece perdido xa na nebulosa do pasado.
Vou tentar relatar nesta entrada ao blogue os labores agrícolas máis importantes na vida da aldea rural, tal como eu as lembro ou as oín dos meus maiores, pero deixando claro que non tiven oportunidade de participar na súa execución. Teño moi vivas as imaxes da seitura, a malla, a colleita das patacas, a vendima, por citar só as máis importantes, na miña posición de neno curioso e observador. Por conseguinte, se cometo algún erro nos traballos, a orde, ou a época anual da súa execución, pido desculpas anticipadamente.
Aínda que á primeira vista puidese pensarse que o terreo das leiras da nosa parroquia era moi fértil, esta idea non reflicte a realidade. A choiva xera moito verdor, pero os nutrientes da terra para as colleitas non son suficientes. A terra require unha achega de abono anual, ao mesmo tempo que deben alternarse os cultivos para conseguir un rendemento aceptable, aínda que non excelente. Sementábase con alternancia de cultivos, rotando o centeo, o millo e as patacas.
Á vista da extensión deste tema, divídoo en tres partes para facilitar a súa lectura. Nesta primeira entrega relato o proceso daqueles cultivos habituais na parroquia, excepto o centeo e o millo, que serán obxecto de entradas separadas dentro deste mesmo tema relativo aos labores agrícolas.
As Patacas
Comezo este
relato co cultivo da pataca. Esta planta é orixinaria de América e foi traída a
España polos conquistadores. Ao principio non foi aceptada para o seu consumo,
xa que se lle atribuían efectos daniños para a saúde. Foi a finais do S. XVI cando
xa empezou a ser cultivada e consumida máis cumpridamente, contribuíndo de
forma substancial a mellorar a alimentación humana e do gando doméstico,
liberándoos de episodios de fame negra sufridos anteriormente. O seu alto
rendemento, a súa achega de nutrientes e a súa longa conservación melloraron
substancialmente a calidade de vida da poboación rural, baseada anteriormente
no consumo de castañas.
As patacas cedas sementábanse en febreiro nos "tarreos" ou pequenas hortas preto das casas onde se sementaban á man e cavábanse á aixada. Dentro do ciclo dos cultivos rotativos ou alternativos para mellorar o rendemento da terra, neste terreo podíase sementar antes a "ferraia", que son cereais cortados en verde para o consumo dos animais. Os labores de sementa da pataca adoitábanse facer entre dúas persoas. Unha cavaba un rego ou "gavia" e outro pelaba as herbas ou o abono á beira dentro do rego aberto. Sobre este suco íanse deixando as patacas cortadas de forma que sempre tivesen un ollo. A continuación facíase outro rego á beira, botando a terra que se sacaba para tapar o anterior sementado coas patacas, e así sucesivamente. Cando brotaban as ramas do froito había que sachalas para quitar as malas herbas, esponxar a terra e “achegar” ou rodear o pé da planta de terra. Logo cando eran máis grandes volvíanse cavar e "achegar" outra vez a terra.
As patacas de tempada normal sementábanse en marzo, nas leiras dos nabos, despois de arrincalos, e tras o laboreo de arar e pasar a grade. Facíanse regos con arado, colocábanse as patacas cortadas no rego e volvíase a arar á beira un novo rego que cubría o anterior. Tamén había que cavalas cando brotaban para esponxar a terra e quitar as malas herbas e, máis tarde volver cavar e achegar. O único tratamento químico usado era o xofre para combater o escaravello. A recolección destas patacas facíase igual que as temperás.

A recolección
das patacas temperás facíase o mes de xullo. Arrincábanse con aixada e levábanse
en cestos co carro ata a adega onde quedaban ás escuras para que non agromasen.
O resto da colleita arrincábase no mes de agosto.
As patacas
normalmente arrincábanse coa aixada, aínda que nas leiras máis grandes axudábanse
do arado para desenterralas. Despois de pasar o arado, que fixera o traballo
máis duro, había que ir desenterrando as patacas coa aixada. Este traballo ás
veces facíase con axuda dos veciños, como parte da axuda mutua que se prestaban
en certos labores colectivos, terminando o traballo sempre cunha comida ou cea para
todos ofrecida polo dono da leira. Detrás dos que arrincaban as patacas ían as
mulleres apañándoas e meténdoas en cestos ou sacos, que se baleiraban no carro
para logo carrexalas á adega. Era importante separar as danadas pola aixada,
chamadas “encetadas”, para consumo máis inmediato ou para os porcos, e evitar
que podrecesen no montón e danasen ás outras sas. Tamén se adoitaba separar as
pequenas que se usaban para alimento dos porcos.
Os Nabos
O seguinte cultivo a desenvolver é o dos nabos. Esta planta é orixinaria de Europa e cultívase en climas máis ben fríos. Nas nosas aldeas cultivouse tradicionalmente como unha parte esencial do alimento do gando, cuxa cría é de vital importancia para a vida da poboación. Dende o punto de vista alimenticio o gando achega carne, a través da matanza do porco, e leite e carne no caso do gando vacún, contribuíndo ambos de forma esencial no benestar da poboación. As vacas, ademais, achegan o seu traballo como animais de tiro, tanto do tradicional carro como do arado. Na nosa aldea era a única axuda que tiña o home no traballo nos labores máis pesados.
Dentro do ciclo de rotación de cultivos, despois da sega do centeo arábase a leira para abrir o restrollo ou “palletas”, que son os restos que quedan na leira despois da sega. Pasábase logo a grade e xa quedaba o terreo preparado para o seguinte cultivo. Abonábase co esterco orgánico ou "estrume", producido pola descomposición dos excrementos das vacas e porcos cos vexetais que se usaban para cubrir o chan das cortes. A cama dos animais nas cortes consistía en cubrir o chan cos restos de roza, maleza, toxos, fentos, follas, e outros. Unha vez estendido o esterco sobre a leira, a continuación volvíase a arar para cubrir o abono. Quedaba xa o terreo preparado á espera da sementeira dos nabos.
Os nabos sementábanse a finais de agosto ou principio setembro. Sementábanse á voleo, arando a continuación para cubrilos. Para escoller o momento de seméntalos esperábase que chovese, xa que a terra tiña que estar húmida.
Cando xa brotaban e alcanzaban unha altura duns 15 cms. podíanse coller xa as "nabizas", que son as follas tenras que rodean o brote central. O corazón do brote non se tocaba para que seguise o crecemento da planta. As nabizas empréganse abundantemente na cociña tradicional, tanto no caldo como cocidas con patacas e aderezadas cun refrito.
Cando a planta
empezaba a subir e tiña xa algo de pescozo, partíase o brote central da planta
coa man, chamado "escrouchar", e iso era o grelo, comida exquisita
consumida desde decembro ata o Entroido. Deixábase o resto da planta que seguía
medrando, e mesmo creaba novos brotes, ata a madurez do nabo. Os nabos
empezábanse a arrincar cara a mediados de outubro, época moi propicia para
contribuír á alimentación dos porcos en pleno proceso de ceba, que consumían
cocidos e mesturados con fariña, patacas e outros vexetais dispoñibles segundo
a estación.
A rama e os
nabos arrincados usábanse como forraxe para alimento das vacas. O resto non
consumido deixábase medrar ata que botaba a flor, entón íanse arrincando para
alimento para as vacas a medida que estas os ían consumindo. A colleita finalizaba cara a final de febreiro.
A Sega da
Herba
A sega do feo de Brueghel |
A herba dos lameiros,
unha vez seca, era unha parte fundamental da alimentación das vacas durante o
inverno. Xa dixemos a importancia que tiñan as vacas no benestar da poboación
coa súa achega de traballo, leite e carne.
Tradicionalmente segábanse os lameiros de toda a aldea con gadañas alá polo mes de xullo. Era unha fermosa estampa ver a un home co seu chapeu de palla e a gadaña en riste dar áxiles xiros de cintura e brazos e ver como caía a herba cortada limpamente. Non era esa unha tarefa fácil, xa que os lameiros tiñan normalmente bastante pendente. Era un traballo que requiría forza e destreza. Todos levaban unha especie de funda feita de corno de vaca colgando no cinto, na que estaba introducida unha pedra de afiar de forma elíptica alongada e algo de auga para facilitar o seu uso. Periodicamente parábanse, apoiaban a gadaña na punta do mango, e coa folla á altura das mans procedían destramente a un afiado ou asentado do fío con esa pedra, xa que debido á irregularidade do terreo íase desgastando por contacto coa terra ou algunha pedra solta. Xa en casa, se o fío estaba moi estragado, coa axuda dun martelo e unha pequena bigornia específica para esa función, cravuñábase o fío da gadaña.
A herba segada quedaba estendida sobre a leira alí onde caía do corte da gadaña. Deixábase secar ao sol, volteándoa a man coas forcanzas nun certo momento para asollala polo outro lado. Cando se consideraba que estaba completamente seca levábase á casa no carro tirado polas vacas, onde se almacenaba na palleira. Se a casa non tiña esa dependencia facíase un palleiro que era un amontoamento cilíndrico da herba, rematado nun cono construído coa propia herba e rematado con palla de centeo para protexela da chuvia, unha intelixente forma de almacenaxe dun alimento esencial para as vacas ao longo do inverno.
Ós lameiros desde febreiro ata a sega da herba non ían as vacas a pacer para permitir o máximo desenvolvemento da planta. Despois da sega retornaban outra vez a eses mesmos lameiros. As vacas apreciaban moito a herba seca, que preferían á palla do centeo.

Os lameiros eran leiras para producir herba para alimento das vacas. Todos tiñan
rega por medio dun sistema de pequenas presas o regatos que lindaban coa parte
alta das leiras, paralelas ao camiño de acceso, con aberturas de saída a cada
unha delas. A quenda de rega non se pode dicir que estivese moi ben organizado.
Había que ir diariamente a tornar a auga, que quería dicir, tapar a saída que
estivese aberta noutro lameiro e abrir a do propio para permitir á auga a rega
por inundación. O que primeiro chegaba, primeiro aproveitaba a auga. Cando
chegaba outro máis tarde quitábaa ao anterior e botábaa no seu lameiro. Había
unha especial competencia, non exenta de graza e picaresca, para conseguir ser
o último do día, xa que o último en tornar a auga, deixábaa manando toda a
noite, durmindo no seu lameiro. Os veciños que tiñan leiras no mesmo tramo de
regadío vixiábanse mutuamente para ver cando ía un e tentar ir a continuación
sen que o anterior o vise para volver tornar a auga ao seu propio lameiro.
Os lugares moi
húmidos, preto do río e ademais con rega, permitían un crecemento da herba moi
rápido. Cortábase esta herba moi tenra chamada outono, co fouciño, levándoa as
mulleres na cabeza nun atado, chamado "un feixe de outono" para
alimento das vacas, e aos poucos días xa volvera a medrar. Na época en que se
dependía do campo para subsistir, eran estes terreos moi valorados e
apreciados, xa que proporcionaban unha abundante forraxe para alimento das
vacas que favorecían a produción de leite. Quedaban inactivos de outubro ata a
primavera, alá para marzo, que recomezaba o ciclo. O outono era un alimento
esencial para as vacas para producir leite e para achegarlles a forza necesaria
na época de maior demanda de traballo dos animais, que era o verán. As vacas
coidábanse con mimo como elemento esencial para a economía doméstica.
A Vendima
O viño, aínda non sendo un alimento de primeira necesidade, estaba totalmente asentado na cultura popular, de forma que non se concibía unha boa casa sen a súa produción do viño para o consumo anual. As viñas na nosa parroquia estaban en parras altas para facilitar o seu aireado e maduración. Descoñezo a variedade de uva, aínda que supoño que poidan ser mencía, souson ou caíño tinto, as máis estendidas na Ribeira Sacra. As viñas requiren certos coidados e labores que comeza coa poda, que como di o refrán, “O que en marzo non poda perde a vendima toda”. Había que tratar as cepas contra o mildeu con sulfatados, como mínimo cinco. O sulfato de cobre viña en pedras que debían disolverse en auga, cargar a sulfatadora ás costas e meterse entre as cepas para duchalas con ese líquido azulado. Tamén había que azufralas para combater a peste branca. Logo, cando asomaba o acio había que cortar os folleiros, ramas longas sen acios que consumían sabia da planta e non tiñan froito. Estas ramas servían de alimento ás vacas. Finalmente, cando xa os acios ían medrando había que clarear a planta, "refollear", cortando aquelas ramas que impedían o asollado dos acios.
Outro traballo
comunitario era a vendima, que normalmente se facía en setembro, pero que podía
variar segundo a climatoloxía, que influía na maduración da uva. Coa axuda de
amigos e veciños procedíase a cortar os acios de uva para levalos en cestos á
adega, ben directamente desde as viñas próximas á casa, ou con axuda do carro
se as viñas estaban máis afastadas. Alí botábanse no lagar, onde se pisaba a
uva para obter un mosto que pasaba ás cubas para fermentar. Antes de pisar, e a
medida que se ían botando os acios de uva dos cestos no lagar, limpábase a uva
de follas, acios secos, ou calquera impureza que puidese ter. As cubas
inicialmente quedaban abertas para que o mosto en fermentación puidese
expandirse e respirar.
Eu de neno
tamén quixen pisar as uvas, xa que me parecía un xogo divertido chapotear nos
acios de uvas todos chafados formando un caldo espeso, que era pisado por
outros mozos maiores. O meu avó deixoume entrar a pisar as uvas, pero foi unha
experiencia que durou escasos minutos. O que parecía un xogo divertido pronto
se converteu nunha forte sensación de frío doloroso nos pés, que fixo que
pedise que me quitasen de alí canto antes. Parece claro que hai caprichos que o
mellor é consentilos para curar a curiosidade rapidamente.
Transcorrido o proceso de fermentación, que duraba unhas dúas semanas, tapábase a cuba coa súa tapa e selábase cunha masa feita de cinza, parecida a cemento, para evitar que respirase. Selada xa a cuba, o viño continuaba co seu proceso de maduración, comezando xa a consumirse a nova colleita alá para o magosto, a comezos de novembro. Di o refraneiro “polo día de san Martiño todo ou viño é bo viño”. "Despois de San Martiño, deixa a auga e bebe viño". Así pois, o magosto é unha boa ocasión para gozar do novo viño e as castañas asadas.

Alambique para destilar o augardente |
O bagazo, ou restos dos acios espremidos, que quedaron dentro da pipa de viño durante a fermentación e ata o momento de trasfegalo, era a materia prima para a destilación e obtención do augardente. Cando chegaba o augardenteiro instalábase nun lugar cuberto da aldea. Cada veciño levaba a ese lugar a leña para o lume e o seu bagazo en cestos. Na gran pota de cobre botábase o bagazo e algo de auga e facíase lume debaixo, non demasiado forte, cando comezaba a producir vapor continuado tapábase e conectábase ao serpentín que discorría por un bidón cheo de auga fría, comezando o proceso de destilado. Dese bidón de auga saía un tubiño do que manaba como un fino fío, ou ás veces pinga a pinga, o augardente co seu profundo aroma tan característico, afroitado e agradable, que despexaba o nariz coma se fose mentol. O proceso era lento, con lume moi suave.
A primeiro augardente era o de mellor calidade. Ao final saía un augardente rebaixado que se chamaba zanganilla. Eu recordo moi ben ese aroma de matices exquisitos, que cando logo fun maior gocei tomando algunha copa desa bebida tan popular e tan nosa. O augardente que se elabora hoxe en día, aínda empregando o mesmo procedemento artesanal, nada ten á ver co augardente obtido naqueles anos. O motivo, creo eu, será a mestura da uva autóctona coa comprada na zona de Castela, que mellora a calidade do viño, pero é prexudicial para a calidade do augardente. Tamén ouvín que para aumentar a produción do augardente engaden viño ao bagazo, co que se destila conxuntamente o bagazo e o viño, cuns resultados lamentables para a calidade do augardente. Todo o devandito é unha opinión moi persoal, aínda que seguro que hai opinións para todos os gustos e padais de moi distinta sensibilidade.
Antes da vendima procedíase ao lavado dos pipotes para desinfectalos e eliminar todo resto de parasitos e fungos, queimando xofre neles e lavándoos con auga ata que esta saía sen cor. Unha vez hixienizados se untaba o tonel con touciño, quedando á espera do novo mosto.
Para terminar, lembremos esta copla:
Acabáronse as vendimas
e veñen as esfolladas
para comer coas mociñas
catro castañas asadas.
A Horta
Xa para concluír esta primeira parte da presentación, facer referencia a outros varios produtos que se cultivaban en pequenas hortas, preto das casas, os chamados tarreos para hortas. Neles producíanse o resto de produtos, especialmente hortalizas, ou froiteiras.
Dentro das verduras e hortalizas consumidas regularmente, dependendo da estación, estaban os pementos, que eran e continúan sendo deliciosos, tomates, leitugas, chícharos, xudías, as verzas para o caldo, cebolas e allos. Tamén eras moi importante a produción de fabas e garavanzos, das que falo ao comentar o cultivo do millo, xa que se sementaban simultaneamente nas mesmas leiras.
As froiteiras máis comúns na nosa parroquia eran as maceiras, pereiras, pavieiras, figueiras e cerdeiras. Como froitos secos podemos destacar as nogueiras e as abeleiras. As froiteiras non se coidaban, salvo algunha poda moi ocasional, medrando a froita sen ningún tipo de tratamento químico, o que a facía extraordinariamente saborosa, pero frecuentemente avermada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario